
Resurrection
Denís vive en Viveiro, ten 17 anos, leva anos en cadeira de rodas e é un virtuoso da guitarra eléctrica. Amante da música heavy, soña con ter a súa propia banda e tocar no Resurrection Fest. Porque Denís, cando soña, non soña con camiñar, soña con tocar. Cando a súa esperanza de formar parte dun grupo se frustra, só lle quedan dúas opcións: renunciar ao seu soño ou formar a súa propia banda. Unha banda diferente, ou o que tamén podería chamarse “ultrarrara”. Coa axuda da súa incansable avoa Fina, que canta no coro da igrexa, da súa tía Helen, unha vella rockeira vinda a menos que acaba de regresar á vila, e doutros inadaptados, Denís formará a banda da súa vida cun obxectivo claro: tocar no “Resu”. Nunha viaxe chea de situacións delirantes, descubrirá que o amor pola música e a familia pode superar as diferenzas e que, ás veces, o importante non é cumprir un soño, senón o camiño e con quen o percorres.
- DirecciónFernando Tato
- GuiónÁngela Andrada, Fernando Tato
- ProduciónKraken Media
- Estado do proxectoEn búsqueda de financiamento e socios coprodutores
- Premios, laboratorios e mercados· Finalista Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego 2022.
· Proxecto seleccionado en El Lab del Norte 2023.








