PRODUCIMOS HISTORIAS DENDE GALICIA
Kraken Media
Kraken Media é unha produtora audiovisual galega fundada en 2021. Desenvolvemos e producimos longametraxes, series, curtametraxes, documentais e proxectos sonoros, con especial atención ao desenvolvemento creativo e ás historias vinculadas ao territorio, á memoria e aos conflitos contemporáneos.
Acompañamos os proxectos desde as súas primeiras fases creativas ata a produción e circulación, construíndo alianzas con coprodutores, televisións, plataformas e institucións.
Fernando Tato, cofundador de Kraken Media, desenvolve a súa traxectoria entre a dirección, o guión, a interpretación e a produción audiovisual. Formado en Arte Dramática, conta cunha ampla experiencia como actor en cine e televisión e traballa como director, guionista e produtor. Como guionista, gañou o Premio SGAE de Guión Julio Alejandro e desenvolveu distintos proxectos de cine e televisión. É coordinador de guión de Clínica Miranda para TVG e escribiu e dirixiu traballos como Adeus, Berta, A Entrevista ou Delicias Amargas. En Kraken Media participa especialmente na creación e no desenvolvemento creativo dos proxectos da compañía.
Alba Gallego desenvolve a súa carreira principalmente na produción audiovisual, compaxinándoa co seu traballo como script e montadora. Licenciada en Comunicación Audiovisual e cun Máster en Produción e Xestión Audiovisual, conta con máis dunha década de experiencia en rodaxes profesionais. Como produtora participou en proxectos como Adeus, Berta, A Entrevista, Compañeiros ou Delicias Amargas, e como script en producións como Rapa, Marbella, La Unidad, Ons ou Fatum. En Kraken Media ocúpase da produción executiva, a dirección de produción e o desenvolvemento dos seus proxectos.
Adrián Castiñeiras é licenciado en Comunicación Audiovisual, especializado en Guión e Produción pola Universidade de Navarra. É cofundador de Kraken Media, onde traballa como produtor executivo desde a súa creación en 2021, participando no desenvolvemento e produción dos seus proxectos. Durante estes anos formou parte de producións de ficción para cine, televisión e novos formatos, entre elas Terapia de parella, para Televisión de Galicia, Delicias Amargas, A Entrevista ou Te quiero demasiadas veces, así como da ficción sonora El Hackeo, producida para RTVE Audio.