
Adeus, Berta
Longametraxe / Ficción / Drama
Santiago de Compostela, ano 2010. Alicia atravesa un bo momento: acaba de mudarse coa súa moza e o seu restaurante vai sobre rodas. Todo se trunca cando se ve obrigada a regresar á Pobra do Caramiñal, a mesma localidade que intentou deixar atrás. A súa irmá, Berta, acaba de ser expulsada do centro no que levaba sete meses rehabilitándose; é a primeira recaída desde a morte da súa nai. A ría de Arousa será o escenario do reencontro destas irmás, que reabrirá vellas feridas que terán que afrontar. Só o cariño que algunha vez existiu entre elas conseguirá salvalas e reconcilialas co seu pasado.
- DirecciónFernando Tato
- GuiónÁngela Andrada, Fernando Tato
- ProduciónAbano Producións, Kraken Media, Tornasol Media, Adeus Berta A.I.E.
- Estado do proxectoEn financiación
- ApoiosCoa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais, Xunta de Galicia.
OPERACIÓN FINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA, A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), COMO PARTE DA RESPOSTA DA UNIÓN Á PANDEMIA DA COVID-19.
“Adeus, Berta”, a longametraxe, conta cunha das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorecen a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. Apoiado pola Xunta de Galicia.
“Unha maneira de facer Europa”. - Premios, laboratorios e mercados· 20º Premio SGAE de Guión Julio Alejandro 2023.
· Premio Music Library – Acorde (Iberoamérica): MAFF (Málaga Festival Fund & Co-production event). MAFIZ, Festival de Málaga 2025.
· Premio Emerxente D’A Film Lab Producers Meet Producers 2023.
· Laboratorio D’A Film Lab Barcelona.








