
O fin da verdade
Longametraxe / Ficción / Thriller distópico
Un descoñecido aparece na túa vida. Non só di que te coñece, asegura que é o teu marido, que levades tres anos casados. Ti non dás crédito. Imposible, debe ser unha broma, unha estafa, unha chantaxe. Pero resulta que todo lle dá a razón: no teu traballo, na túa familia, no teu barrio… todos o recoñecen, todos confirman a súa historia. Pero ti non, ti sabes que non é certo. Aínda que empezas a dubidar. Mentres intentas entender o que ocorre, a súa presenza fai que a túa vida e a dos teus amigos comece a cambiar… para mellor. Chegou o momento de decidir: gozar da mentira ou destapar a verdade.
- GuiónAdrián Castiñeiras, Fernando Tato e Ozo Perozo a partir dunha idea orixinal de Omar Juan Letum Tomé
- ProduciónKraken Media
- Estado do proxectoEn búsqueda de socios coprodutores
- Apoios· Co financiamento do ICAA
· Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU - Premios, laboratorios e mercados· 1º Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego 2020
· Premio Platino Next Gen 2024 Mellor Proxecto Laboratorio Egeda
· Preselección no concurso “Tinta Oscura” Blood Window e Ventana Sur 2022
· Proxecto seleccionado no 6º Laboratorio de Propostas de Proxectos de Ficción Fikticamed (Festival de Cine de Alicante)
· Proxecto seleccionado i+P Ideas para producir 2024. Cluster Audiovisual Galego
· Conecta+ 2025. Sesións de pitching one to one
· Cualificado como Guión Excelente en Filmarket Hub








