
Na praia había unha familia
Curtametraxe / Documental
A finais dos anos 80, en Cedeira, un grupo de mariscadoras organízase para reclamar os seus dereitos laborais, provocando unha profunda fractura nunha comunidade onde posicionarse ten consecuencias persoais. A súa loita converterase nun precedente fundamental para as traballadoras do mar en Galicia, aínda que a súa historia quedará parcialmente silenciada. Décadas despois, Na praia había unha familia recupera as voces de quen viviu aquel conflito para explorar as súas feridas e preguntarse que prezo supón enfrontarse á propia contorna para defender o que consideras xusto.
- DirecciónFernando Tato
- GuiónAlicia Freire
- ProduciónKraken Media
- Estado do proxectoBúsqueda de financiamento








