
A xusta ira
Longametraxe / Ficción / Thriller - Terror
Ramiro é un home que está farto. Está farto de aguantar as festas dos seus veciños, as eternas obras da súa rúa, o seu traballo precario…. O día que Ramiro, involuntariamente, fulmina mortalmente un maleducado comensal que non para de foder co móbil nun restaurante, a súa vida cambia. Dáse conta de que ten o poder de provocar violentas desgrazas á xente que o enfurece. Agora Ramiro pode facer pagar a toda esa xente que vai pola vida sen ter en conta os demais e sen darse conta de que se ti non recolles a merda do teu can, alguén despois a pode pisar. E vaise enfadar.
- GuiónFernando Tato
- ProduciónKraken Media
- Estado do proxectoEn búsqueda de socios coprodutores
- Premios, laboratorios e mercados· GFFF Industry 2025. Sección A que andas, freak?
· Conecta+ 2025. Sesións de pitching one to one.
· Conecta+ 2024. Sesións de pitching one to one.
· i+p Ideas para producir 2021 (co anterior nome do proxecto: El efecto Flare)








