
A posibilidade dun círculo
Longametraxe de ficción + longametraxe documental
Un grupo de actores e actrices embárcanse nun proceso creativo sobre temas que lles afectan de forma íntima e persoal para xerar un guión baseado en improvisacións e posteriormente rodar unha película. A través deste proceso, o cotián transfórmase en cine, a realidade dilúese na ficción e o que viven os intérpretes convértese nunha obra na que tempo e memoria se funden nunha experiencia única e inmersiva.
- DirecciónFernando Tato
- GuiónFernando Tato
- ProduciónKraken Media
- Estado do proxectoEn búsqueda de financiación








