Aviso legal

AVISO LEGAL

IDENTIFICACIÓN DO TITULAR

En cumprimento do disposto na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmase de que o presente sitio web é titularidade de:

KRAKEN MEDIA, S.L.

  • NIF: B05304449
  • Domicilio social: Rúa Santiago del Estero, nº 5, 4º A, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), España.
  • Correo electrónico: info@krakenmedia.es
  • Sitio web: www.krakenmedia.es

En diante, KRAKEN MEDIA, S.L. será denominada «a empresa».

1. ACEPTACIÓN DOS TERMOS LEGAIS

O acceso e a utilización deste sitio web implican a aceptación das presentes condicións legais.

A empresa resérvase o dereito de modificar estas condicións en calquera momento, polo que se recomenda ás persoas usuarias revisalas periodicamente.

Se a persoa usuaria non está de acordo con algunha das condicións establecidas, deberá absterse de utilizar o sitio web.

2. OBXECTO

A través deste sitio web, KRAKEN MEDIA, S.L. facilita información sobre a súa actividade como produtora audiovisual, os seus proxectos, producións e servizos profesionais.

A empresa resérvase o dereito de modificar, actualizar ou eliminar os contidos do sitio web, así como a súa presentación e configuración, en calquera momento.

3. CONDICIÓNS DE ACCESO

O acceso e a navegación polo sitio web son libres e gratuítos, sen prexuízo do custo de conexión a internet que corresponda a cada persoa usuaria.

Con carácter xeral, non é necesario rexistrarse para acceder aos contidos.

Cando sexa necesario facilitar datos persoais para utilizar determinados servizos, como os formularios de contacto, a persoa usuaria deberá proporcionar información veraz, exacta e actualizada.

O tratamento destes datos realizarase conforme ao establecido na Política de Privacidade.

4. CONDICIÓNS DE UTILIZACIÓN

A persoa usuaria comprométese a utilizar o sitio web e os seus contidos de forma adecuada e lícita, respectando a lexislación vixente, as presentes condicións legais e os dereitos de terceiros.

En particular, deberá absterse de:

  • Utilizar o sitio web con fins ilícitos, fraudulentos ou contrarios aos dereitos e intereses de terceiros.
  • Acceder ou intentar acceder sen autorización a áreas restrinxidas do sitio web.
  • Introducir virus, programas maliciosos ou outros elementos que poidan causar danos aos sistemas informáticos.
  • Manipular, alterar ou eliminar contidos sen autorización.
  • Reproducir, distribuír, transformar ou comunicar publicamente os contidos sen a autorización correspondente, agás nos casos legalmente permitidos.
  • Utilizar o sitio web para difundir contidos ilícitos, discriminatorios, ofensivos ou contrarios aos dereitos fundamentais.

A empresa poderá adoptar as medidas necesarias para impedir usos indebidos do sitio web.

5. RESPONSABILIDADES

KRAKEN MEDIA, S.L. procura garantir o correcto funcionamento do sitio web e manter actualizados os seus contidos.

Non obstante, non pode garantir a dispoñibilidade permanente do servizo nin a ausencia de erros técnicos, interrupcións ou incidencias alleas ao seu control.

A empresa non será responsable dos danos derivados de:

  • Interrupcións ou fallos nas redes de telecomunicacións.
  • Problemas técnicos ou de seguridade alleos ao seu control.
  • Utilización indebida do sitio web por parte das persoas usuarias.
  • Fallos derivados de navegadores ou dispositivos que non estean correctamente actualizados.

A empresa resérvase o dereito de modificar, suspender ou retirar contidos cando resulte necesario.

Calquera incidencia relacionada cos contidos do sitio web poderá comunicarse a través do correo electrónico info@krakenmedia.es.

O anterior enténdese sen prexuízo das responsabilidades que legalmente correspondan á empresa.

6. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Os contidos do sitio web, incluíndo textos, fotografías, imaxes, vídeos, deseños, logotipos, elementos gráficos e demais materiais audiovisuais, están protexidos pola normativa aplicable en materia de propiedade intelectual e industrial.

Os dereitos sobre estes contidos pertencen a KRAKEN MEDIA, S.L. ou aos seus respectivos titulares, contando a empresa, cando corresponda, coas autorizacións necesarias para a súa utilización.

O acceso ao sitio web non implica a cesión de dereitos de propiedade intelectual ou industrial sobre os seus contidos.

Queda prohibida a súa reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sen a autorización dos seus titulares, agás nos supostos legalmente permitidos.

As persoas usuarias deberán respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial asociados aos contidos publicados.

7. PROTECCIÓN DE DATOS

KRAKEN MEDIA, S.L. trata os datos persoais recollidos a través do sitio web de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos, e coa Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

As persoas usuarias poden consultar información detallada sobre o tratamento dos seus datos persoais na Política de Privacidade do sitio web.

8. DURACIÓN E TERMINACIÓN

O sitio web ten, en principio, unha duración indefinida.

Non obstante, KRAKEN MEDIA, S.L. poderá modificar, suspender ou interromper o seu funcionamento ou calquera dos seus servizos cando resulte necesario.

Sempre que sexa posible, informarase previamente das interrupcións relevantes.

9. FORZA MAIOR

KRAKEN MEDIA, S.L. non será responsable da imposibilidade de prestar os servizos do sitio web cando esta se deba a circunstancias de forza maior ou a acontecementos alleos ao seu control, como interrupcións prolongadas da subministración eléctrica, fallos nas telecomunicacións, catástrofes naturais ou outras circunstancias extraordinarias.

10. COOKIES UTILIZADAS NESTE SITIO WEB

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros.

As persoas usuarias poden consultar información sobre a súa finalidade, duración e xestión na Política de Cookies do sitio web.

11. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

As presentes condicións legais réxense pola lexislación española.

Calquera controversia relacionada co acceso ou coa utilización do sitio web someterase aos xulgados e tribunais que resulten competentes conforme á normativa aplicable.