Adeus, Berta

LONGAMETRAXE / DRAMA

ESTADO DO PROXECTO: DESENVOLVEMENTO.

Guionistas: Ángela Andrada, Fernando Tato

Produtoras: Abano Producións, Kraken Media, Tornasol Media, Adeus Berta A.I.E.

SINOPSE

Santiago de Compostela, ano 2010. Alicia vive un bo momento, acaba de mudarse co seu mozo e a súa empresa de cátering vai sobre rodas. Todo isto se trunca, cando se ve na obriga de regresar a Pobra do Caramiñal, a mesma vila que tentou deixar atrás. A súa irmá, Berta, acaba de ser expulsada do centro no que levaba sete meses rehabilitándose, é a primeira recaída despois da morte da súa nai. A Ría de Arousa será o escenario do reencontro destas irmás, o cal reabrirá vellas feridas que terán que afrontar. Só o cariño, que algunha vez existiu, conseguirá salvalas e reconcilialas co seu pasado.

OPERACIÓN FINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA, A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), COMO PARTE DA RESPOSTA DA UNIÓN Á PANDEMIA DA COVID-19.

Adeus, Berta” a longametraxe conta cunha das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorecen a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. Apoiado pola Xunta de Galicia.

“Unha maneira de facer europa”.