Directora e guionista: Alba Gallego
Ten moitos nomes: doméstico, caseiro, autobiográfico ou familiar. Chegou a España e, máis concretamente, a Galicia a finais dos anos 80. As videocámaras de formato Video8 e VHS supuxeron unha revolución que permitía, por primeira vez na historia, gravar unha grandísima cantidade de contidos e reproducilos sen pasar polo arduo proceso da proxección ou a dixitalización. E todo ao alcance da clase media da época.
LEMBRARÁS COMO BAILABAS viaxa por dúas décadas, a de 1990 e a dos 2000, para falar do vídeo doméstico en Galicia a través dos propios protagonistas dos propios vídeos de arquivo. Conversarase sobre cales eran os contidos que se rexistraban e por que, como se almacenaban e organizaban, cantas persoas tiñan acceso a esta tecnoloxía e quen operaba as cámaras.
Festival Internacional Novos Cinemas 2024 – Sección Terra#Lab