Guionista: Fernando Tato.
É o ano 1994 en Cedeira. Lena e o resto das mariscadoras loitan por ter os mesmosdereitos laborais que os homes contra unha poboación que se nega a aceptar que as mulleres encontren o seu sitio nun ambiente mariñeiro totalmente masculino. Tras a mortedo seu fillo por morte súbita hai cinco anos, Lena intentou enterrar a súa dor na loita polos seus dereitos.
Un día, mentres están mariscando, unha misteriosa muller aparece na praia. É estranxeira, está embarazada e parece estar fuxindo de algo. Lena e as mariscadoras acaban aceptándoa e acolléndoa coma unha máis do grupo. Mentres este valente grupo de mulleres loita cada día por ir gañando o seu lugar na confradía local, as relacións entre elasvanse facendo máis fortes. Cando, despois dunha brutal agresión, a estranxeira dá a luz e morre, Lena e o resto das mariscadoras acollen o neno coma se fose delas.